Imprimir

A Casa da Xuventude é o teu espazo. Aquí atoparás unha ampla programación de cursos formativos e de lecer durante todo o ano, unha biblioteca, un espazo de lectura e estudo, salas nas que reunirte ou realizar as túas actividades, unha zona multimedia con consolas, videoxogos e acceso a Internet, clubs de lectura, de cine...

Aquí tamén contarás, entre outras cousas, con información de interese para ti, un punto de book-crossing, un Banco de Tempo e A Quedada.

E o máis importante: un lugar de encontro onde propoñer iniciativas coas que facer deste espazo a túa Casa. Achégate a coñecelo!

Se tes entre 14 e 35 anos, consegue o teu CARNÉ IUVENTA e goza de todas as posibilidades que están ao teu alcance na Casa da Xuventude.

E-mail: xuventude@concellodelugo.org