Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
17/08/22
RED DE MUSEOS MUNICIPALES
Escucha esta página

Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)

Dirección: Parque de Frigsa


Descripción:

O Museo Interactivo da Historia de Lugo configúrase como un proxecto moi innovador tanto na súa arquitectura como na súa instalación museográfica. A cuberta do edificio é, en realidade, un gran xardín arborado de 11.300 metros cadrados, no que aparecen un conxunto de patios circulares afundidos. O conxunto arquitectónico subterráneo está formado por cilindros de máis de 8 metros de altura.

En total, a superficie construída é de 4.035 metros cadrados distribuídos en distintas dependencias: a sala da exposición permanente sobre a historia da cidade ocupa 300 metros cadrados, pero o museo contará ademais con outra sala para exposicións temporais de 242 metros cadrados, salón de actos, biblioteca, ademais de cafetería, tenda, administración, etc. É de destacar que o sistema enerxético do edificio farase por medio de caldeiras de biomasa, o que evita o emprego de enerxías non renovables e favorece a súa sostenibilidade.

Pode ampliar información do museo en www.lugo.es/ws/mihl ou na noticia de presentación da súa inauguración.

Horario: Agosto: de martes a sábado de 11 a 13:30 e de 17 a 19:30 horas. Domingos de 17 a 20 horas.

Prezo da entrada: Entrada gratuíta

Para visitas de grupos hai que concertar cita previamente na Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Campo, 11. 


Teléfonos:

  • 982 251 658

Concejalía: Cultura, Turismo, Juventud y Promoción de la Lengua

RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva