Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
AXENDA
Escoita esta páxina

Xornadas "Novas redes para o voluntariado en Europa" - 2011 Ano Europeo do Voluntariado

# Xoves, 14/04/2011 - Sábado, 16/04/2011



Esta iniciativa pon na man da comunidade universitaria vinculada ao voluntariado as posibilidades que ofrecen as redes sociais e a comunicación 2.0. Nestas xornadas debateranse, entre outros, temas coma os usos das redes sociais, as ferramentas máis comúns dende o punto de vista das novas tecnoloxías, e tamén se apreciará a súa utilidade a través dun obradoiro.

Outro dos puntos de interese será coñecer como funciona un proxecto europeo a través da experiencia práctica da Escola de Tempo Libre Don Bosco. Por outra banda tamén se amosará a importancia que cobran as redes na sociedade actual a través da presentación a EAPN- Rede Europea de loita contra a Pobreza, a Plataforma Estatal de Voluntariado, e a Rede Lucense de Voluntariado. No programa inclúense actividades culturais como unha visita á exposición ‘A Domus do Mitreo’ e a asistencia a un espectáculo do Encontro Universitario de Danza Contemporánea a través da colaboración da Oficina de Cultura do Campus de Lugo.

Para participar nestas xornadas é necesario inscribirse previamente, a pesares de que a matrícula é gratuíta. O prazo para inscribirse rematará o 12 de abril. Toda a información está dispoñible no espazo web do SEPIU.

Estas xornadas, recoñecidas cun crédito de libre configuración para todos os estudantes da USC, están dirixidas a estudantes da USC, persoas voluntarias e persoal técnico das entidades de voluntariado, así como a todas aquelas persoas con interese no voluntariado.

Localización das actividades

EUROPE DIRECT-Lugo
Salon de actos do CEI-NODUS
Avda. da Coruña, 490
Antigo cuartel de Garabolos

FACULTADE DE HUMANIDADES
Avda. Filarmónica Lucense s/n
Campus de Lugo

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Praza da Soidade s/n

CASA DO SABER
Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo
Praza Pío XII número 3

Máis información:

- Presentación das Xornadas
- Programa detallado das Xornadas (arquivo PDF)
- Europe Direct - Lugo www.lugo.es/europedirect
- Servizo de Participación e Integración Universitaria 04/11/11 www.usc.es/sepiu



RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova