Circuitos turísticos gratuítos
* Termas Romanas e Castor de Viladonga
10:30 h. saída en autobús dende o tramo peonil da Ronda da Muralla
* Lugo a pé - visitas guiadas pola cidade
Centro de interpretación da Muralla
Casa dos Mosaicos
Paseo pola Muralla e explicación do máis significativo
Museo provincial de Lugo
Piscina Romana Praza de Santa María
Mitreo
Sala de Porta Miñá
16:30 h. saída da visita guiada dende Praza do Campo
Estes circuítos serán gratuítos, terán unha duración de dúas horas e media. Os grupos por cada guía serán de un máximo de 30 persoas.
As persoas que desexen participar tanto nos circuítos turísticos polos arrededores de Lugo como nas visitas guiadas pola cidade, deberán apuntarse previamente na Oficina Municipal de Turismo (Praza do Campo, 11 - Lugo) - 982 251 658 - 982 297 347 - lugoturismoconcellodelugo.org
Mostra MERCADO DE OUTONO
Nunha carpa situada na Praza da Soidade
Aberto de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas
Cada día 20 expositores albergarán os mellores produtos da terra e da artesanía tradicional galega. Os visitantes, ademais de mercar, poderán degustar saborosos queixos, doces e outras exquisiteces e observar a distintos mestres artesáns traballando en vivo nas súas creacións.
Do día 3 ao 9 de decembro
MENÚS GASTRONÓMICOS CON PRODUTOS DE TEMPADA
Os principais bares e restaurantes da cidade (Paprica, Mesón de Alberto, Curmáns, Tosar, Taberna de Marcos, O Cincuenta e Seis, Darío, Pulpería o Castelo, Xoldra, Porta Santiago, Campos, España, Antas, American, Taberna Daniel, Verruga e A Nosa Terra) prepararán menús especiais con produtos de tempada que poderán ser degustados do 3 ao 9 de decembro. Nesta iniciativa tamén colabora a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría.
Pode coñecer todas as actividades descargando o programa "PONTE EN LUGO" (arquivo PDF 3.4 MB) e na presentación de todas as actividades previstas.