Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
AXENDA
Escoita esta páxina

IX edición de ARTENADAL - Feira de artesanía galega que acolle o traballo de vintecinco artesáns

# Domingo, 18/12/2011
Praza da Soidade de 11h a 14:30h e de 17h a 21h


Artenadal 2011 comeza o 17 de decembro e finaliza o 5 de xaneiro. A carpa da feira está situada na Praza da Soidade como todos estes anos, e terá o seguinte horario: 11h – 14:30h e de 17h – 21h. O día 1 de xaneiro permanecerá pechada, e acolle o traballo de vintecinco artesáns.

Como estos anos, haberá actuacións de gaiteiros da cidade de Lugo, talleres para os nenos e convócase o III Concurso de Fotografía.

Esta feira está enfocada a todo tipo de público, xa que se poden atopar gran diversidade de materiais, iso sí, todos realizados artesanalmente:

• Xoguetes de madeira.
• Pratería
• Bisutería
• Roupa tinguida e pintada á man
• Coiro
• Calceta
• Cerámica
• Olería
• Madeira
• Cartón pedra
• Fimo
• Ilustración
• Encuadernación
• Grabado
• Pirograbado
• Microfusión
• Vitrofusión
• Lousa
• Reciclaxe
• Xabróns e aceites
• Caña de bambú
• Corno
• Macramé
• Productos navideños
• Comercio xusto


RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova