Imprimir

V Encontros das Culturas - Día adicado ao traballo asociativo

Día 24/5/2012

Os V Encontros das Culturas que terán lugar os días 24, 25 e 26 de maio.

O día 24 vai ser o día adicado ó traballo asociativo. Haberá un debate no Centro Cívico María Balteira, ás 19.30, no que se pretende visibilizar o traballo que desenvolven distintas asociacións e entidades de iniciativa social.

A Fundación Juan Soñador vai tratar o tema da interculturalidade na infancia mediante a proxección dun vídeo feito por nenos e nenas de Lugo onde poñen de manifesto a súa opinión sobre a interculturalidade e a opinión que teñen respecto doutras culturas.

Enxeñería sen fronteiras vai tratar o tema do voluntariado participativo como ferramenta de cambio tanto no norte coma no sur. ESF Galicia é unha Organización Non Gobernamental (ONG) dedicada á cooperación para o desenvolvemento e que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. ESF aposta polo voluntariado como unha actividade transformadora en si mesma.

A cova da Terra vai falar sobre alternativas sobre xustiza nas relacións comerciais e como isto serve de instrumento para facer cooperación e un mundo mellor.

Máis información e programa na presentación do V Encontros das Culturas.