Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
20/04/24
AGENDA
Escucha esta página

Lucus Cultural - Exposición sobre a época romana no Colexio Divina Pastora

# Jueves, 21/06/2012
Colexio Divina Pastora, na Praza da Milagrosa ata as 19:00


Todas as persoas que desexen visitar este espazo poderán facelo no Colexio Divina Pastora, na Praza da Milagrosa, ata as 19:00 horas de luns a venres.

Este ano recrearon un macellum no que se pode atopar dende un posto de comida ata unha botica. Inspiráronse nos mercados tradicionais romanos e elaboraron un espazo no que se recollen os principais produtos de venda, ademais de diferentes vestimentas. A exposición realizada polos propios profesores, pais e nais e alumnos, conta cun diferentes áreas nas que podemos atopar postos de cuadrigas, un de material de coiro e espadas, tamén se pode ver un de teas e calzado, unha botica e un posto de alimentación e cerámica.

Ademais, de facelo o día 8 de xuño, día no que as actividades do Lucus Cultural se realizarán nesa mesma praza entre as 17 e as 20 horas. Ese mesmo día, haberá unha conferencia do arqueólogo municipal, Enrique González, baixo o título “Descubrindo Lucus Augusti”, ás 20:00 horas.

Máis información sobre xornadas de degustación, gastronómicas, obradoiros e visitas guiadas no adianto da programación de Lucus Cultural.

www.ardelucus.com

 


RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva