Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
23/04/24
AGENDA
Escucha esta página

Exposición de traxes "XXV Lvcenses. Vestiario da primeira cidade"

# Jueves, 21/06/2012
Sala de exposicións da Deputación, no Pazo de San Marcos


A mostra está instalada na sala de exposicións da Deputación, no Pazo de San Marcos, e estará aberta ata o día 25 de xuño. O horario de visitas é de luns a venres de 10.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

A exposición de traxes “XXV Lvcenses”, organizada polo Concello e Unha de Romanos coa colaboración da Deputación, recrea o vestiario dos primeiros habitantes de Lugo

En “XXV Lvcenses. Vestiario da primeira cidade” atopamos a veciños de Lucus Augusti e ós que aquí se achegaban desde o seu convento, sorprendidos durante a festa do solsticio de xuño. Van vestidos segundo os criterios castrexos ou ó xeito de Roma. Así, atoparemos ó escriba, o artesá, a tecedeira, o escravo, o liberto, a costureira, o edil, o senador conventual, o lexionario, o agricultor, a nai e o neno.

A exposición é unha homenaxe ó liño, á la, ó coiro, ós metais, e a todas as mulleres e ós homes que os traballaron e traballan, pero tamén a eses 25 lucenses que, seguramente, nalgún momento da súa vida, puideron coincidir no foro da cidade tal como aquí se poden observar.

Esta exposición forma parte das actividades de Lucus Cultural, previo ao Arde Lucus.

 


RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva