Imprimir

PROXECTOS MIHL

Dende 2/8/2013 ata 2/9/2013

No Museo Interactivo da Historia de Lugo teñen lugar as intervencións artísticas PROXECTOS MIHL - crear espazo,
que se estenderán ó longo dos meses de xullo, agosto, setembro e outubro, coordinadas por Jesús Otero-Yglesias e
coa participación del mesmo e doutros cinco artistas: Doa Ocampo, Mónica Trastoy, Shui Lóng Xue Bào, Miguel Ángel
Curiel e Paco Pestana.
–PACO PESTANA comezou o día 11 de xullo a súa Exposición teatro consistente nunha performance con animais disecados
e texto, que continúa realizándose.
–MIGUEL ÁNGEL CURIEL comezou o día 8 de agosto a súa proxección de vídeo Augas.
“Uns cantos poemas escollidos, e unhas imaxes case minimalistas onde a auga continúa a ser o vector clave da
creación poética. Así ocorre co vídeo-poema onde a trasfega de auga entre dous vasos de cristal e unhas pedras
verdes recrea un poema visual da transparencia, ou a simple purificación dos actos do home, ou o da escritura duns
versos cun pau na area dunha praia...”
Visitables no horario do MIHL, de 17:00 a 20:00 h. (martes a sábado), ata o 31 de agosto; a partir do 3 de setembro,
tamén de martes a sábado, de 16:30 a 20:30.