Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
AXENDA
Escoita esta páxina

A Capela do Cemiterio de San Froilán acolle unha mostra de fotografías de cemiterios europeos

# Sábado, 18/01/2014 - Mércores, 30/04/2014
Capela do Cemiterio de San Froilán De luns a sábado de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00h e os domingos de 11 a 13.30h


Esta escolma de fotografias facilitada polo Concello de Avilés poderase visitar entre o 18 de xaneiro e o 30 de abril

A capela do Cemiterio de San Froilán acolle dende o próximo 18 de xaneiro unha escolma de fotografías de cemiterios europeos que formaban parte da exposición Cemiterios Europeos: Xardíns de Almas, diversidade e patrimonio que estivo exposta no Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Esta escolma, facilitada en préstamo polo Concello de Avilés, conta con  fotografías de recintos de camposantos de Polonia, Chipre, Eslovenia, Bosnia, Barcelona, Avilés xunto coas do cemiterio de San Froilán que compite en importancia e beleza no contexto europeo, e ocupa o seu lugar na Ruta de cemiterios históricos europeos.

A exposición Imaxes de Cemiterios significativos de europa: o noso cemiterio estará exposta na Capela do Cemiterio de San Froilán e poderase dar ver ata o 30 de abril de 2014 en horario de luns a sábado de 10 a 13 e de 4 a 6 e os domingos de 11 a 13:30 horas.

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova