Cargando....
Concello de Lugo
08/05/24
AXENDA
Escoita esta páxina

XIV MOSTRA DE TEATRO CLÁSICO 2014

# Venres, 31/01/2014 - Sábado, 15/02/2014
Auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo


A XIV Mostra de Teatro Clásico de Lugo traerá á cidade unha selección dos mellores espectáculos de teatro clásico e a actores de renome como Rafael Álvarez, El Brujo, que repite por segundo ano consecutivo, Concha Velasco ou Carmen Gallardo.

Esta edición ten como novidade o espectáculo Serán Clásico adicado á danza clásica e no que se interpretarán pezas de recoñecido prestixio como o Lago dos Cisnes, Coppelia ou o Quebranoces e que dos que forman parte destacados bailaríns da danza clásica española e internacional. Todas as funcións terán lugar ás 20.30 horas, agás o espectáculo para nenos e nenas, que terá lugar ás 16.30 horas.

A venda anticipada de bonos faise ata o 30 de xaneiro no Centro de Interpretación da Muralla, na praza do Campo número 11. A venda de entradas faise tamén no CIM, en horario de luns a domingo de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 17.30 horas e unha hora e media antes de cada función no Auditorio Municipal.

Programa XIV Mostra Teatro Clásico.pdf

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova