Varios lugares
consultar no programa
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo pon en marcha un novo programa de excursións polas Terras de Auga e Cultura, de carácter temático, centradas no patrimonio artístico e monumental, na natureza, na etnografía, na xeoloxía. Son un total de 36 rutas que comezan o 17 de abril e que rematarán o 28 de decembro deste ano e que se celebrarán os domingos ou algún festivo relevante.
Estas rutas turísticas de carácter gratuíto, cun máximo de 50 prazas, desenvolveranse de 10.30 a 19.00 horas ata outubro e de 10.30 ata as 18.00 horas de outubro a decembro e teñen como punto de saída e de volta o tramo peonil da Ronda da Muralla.
Da mesma maneira, que na primeira edición, os interesados poderán inscribirse a través do teléfono 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) e da Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Campo 11, con prazo límite para inscribirse fixado ás 14:00 horas do día anterior á celebración da excursión.
Véxase a información e o programa anual completo
neste PDF.