Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
AXENDA
Escoita esta páxina

Preestrea da película infantil A tropa de trapo na selva do arco da vella

# Domingo, 20/04/2014
Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo 18:00 horas


A cidade de Lugo acolle a preestrea mundial da película A Tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella dirixida ao público infantil entre 2 e 6 anos, que terá lugar o domingo 20 de abril ás 18.00 horas no Auditorio Gustavo Freire e a entrada será gratuíta.

A Tropa de Trapo é un filme de 75 minutos realizado pensando nos nenos e nenas máis pequenos, os que teñen entre 2 e 6 anos, para que desfruten das aventuras dun grupo de amigos que intentan devolver as cores ao Arco da Vella. O seu estreo nos cines será o 30 de abril. Unha das peculiaridades deste filme é que a banda sonora desta película está realizada por alumnos da Escola de Canto do Colexio Fingoi, dirixidos pola profesora Pilocha, que ademais compuxo a letra.

Portada da película en PDF

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova