A quinta edición do “Street Market” ou mercado na rúa ofrecerá descontos do 50% ó 80% nun amplo catálogo de produtos desde téxtil, complementos, calzado ata lencería, xoias ou lentes en ópticas. A cita terá lugar en horario ininterrompido de 11:00 a 20:30 horas no Casco Histórico e participarán 72 establecementos comerciais da cidade, que serán identificados por ter diante dos seus locais unha mesa de cor laranxa.
Organiza: Asociación de Autónomas de Lugo
Colaboran: Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo