Imprimir

X Concurso de Tapas de Lugo

Dende 12/9/2014 ata 30/9/2014
13:00 a 15:30 e 20:00 a 22:30 horas

Neste certame participan un total de 50 negocios de hostalería do municipio, con tapas cuxo prezo oscila entre 1 e 3 euros. O horario mínimo de degustación é de unha a tres e media do mediodía e de oito da tarde a dez e media da noite, aínda que cada local pode amplialo se o desexa.

O público escollerá a mellor tapa e un xurado profesional seleccionará a mellor tapa creativa, a mellor tapa tradicional e a mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra.

Máis información en: http://concursodetapasdelugo.com