Cargando....
Concello de Lugo
29/04/24
AXENDA
Escoita esta páxina

II Xornadas Gastroaccesibles de Lugo

# Luns, 01/12/2014 - Luns, 08/12/2014
Varios establecementos da cidade


As II Xornadas Gastroaccesibles de Lugo celebraranse do 1 ao 8 de decembro. Nestas xornadas varios establecementos accesibles de hostalería ofrecerán tapas axeitadas ás diferentes doenzas con dietas específicas, tales como enfermos renais, diabéticos, celíacos, esclerose múltiple ou lupus.

Con este encontro, preténdese promover o turismo accesible e dar a coñecer as diferentes realidades alimentarias que se recomendan en determinadas doenzas e que dotan ás persoas dunha maior calidade de vida.

Participarán os seguintes establecementos: Royal Road, Darío, Lar de Adrián, Bríos, Los Soportales, Pazo das Pombas, Restaurante España, Abrente, Restaurante Antas de Ulla, A Tu Salud, Mercado Street Food.

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova