Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
AXENDA
Escoita esta páxina

Representación de "El lenguaje de tus ojos o El príncipe travestido" dentro da XV Mostra de Teatro Clásico

# Sábado, 07/02/2015
Auditorio Municipal Gustavo Freire 20:30 horas


Obra: El lenguaje de tus ojos o El príncipe travestido, de Marivaux. TDM Comañía Teatro de la Danza.

Prezos das entradas: Na zona A 10 euros e na zona B 8 euros e que contarán con desconto do 20% para persoas desempregadas, menores de 30 anos ou pensionistas. As obras para público familiar van ter un prezo único de 5 € e non entrarán nos bonos. Ademais establécense bonos para nove representacións que custan entre 40 e 50 euros.

Venda das entradas: Os bonos só se poderán mercar a través do portal web http://entradaslugo.es entre os días 9 e 15 de xaneiro. No caso das entradas poderanse mercar dende o 17 de xaneiro ata 3 horas antes do comezo de cada función na web http://entradaslugo.es e no auditorio, os venres entre o  9 de xaneiro e o 27 de febreiro, das 18.00 ás 21.00 horas e o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo. As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Teatro Clásico + Puro Sabor: Poderá degustar a tapa desta obra teatral desde o 22 de xaneiro ata o 28 de febreiro no seguinte establecemento: Restaurante Campos cunha tapa de Empanada negra de mexillón en escabeche.

Prezo das tapas: O prezo da tapa é de 2 € e o público asistente poderá gozar delas de balde se son dos 50 primeiros bonos vendidos a través do portal web http://entradaslugo.es e os 20 primeiros adquiridos no Auditorio. Tamén poderán degustar as tapas de balde as 50 primeiras entradas vendidas a través do portal web e as 20 primeiras adquiridas no Auditorio para cada unha das funcións. En todos os casos premiaranse cun vale para cambiar pola tapa do establecemento correspondente. Os bonos e as entradas vendidos a través do portal web que resulten premiados recibirán no correo electrónico un aviso que deberán presentar no auditorio para poder recoller os seus vales. Este troco realizarase sempre ao rematar a función, para non entorpecer o discorrer do funcionamento da billeteira.

Organiza: Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova