Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
AXENDA
Escoita esta páxina

Exposición Visións de Lugo 2001-2014

# Martes, 03/02/2015 - Martes, 31/03/2015
Auditorio Municipal Gustavo Freire No horario de apertura para os eventos


Despois da súa estadía no MIHL, esta exposición instálase na entrada do Auditorio Municipal Gustavo Freire, onde a poderán ver as persoas que asistan aos espectáculos. Trátase da exposición Visións de Lugo 2001-2014 que está composta por 40 cadros premiados no certame de Pintura Rápida ao Aire Libre de Lugo.

Será a primeira vez que se reúnen todas as obras gañadoras do certame que se atopan distribuídas por diferentes instalacións do Concello e que formarán parte dun percorrido ao longo de catorce anos que ilustran a cidade dende diferentes puntos de vista.

Todas elas presentan matices moi diferenciados tanto en técnica como en estilo, pero todas teñen como nexo común a rapidez de execución e os diferentes espazos da cidade de Lugo. Un agasallo para a vista e para a imaxinación.

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova