Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE Ó MINISTRO DE TRANSPORTES DE ITALIA E Ó CONSELLEIRO DO REI DE MARROCOS


11/10/2007 Na primavera a Real Academia organizará en Galicia un Congreso Internacional con expertos do eido económico que incluirá á cidade de Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello ó Ministro de Transportes de Italia, Alessandro Bianchi, e ó Conselleiro da Casa Real de Marrocos, André Azoulay.

Esta visita forma parte dunha viaxe que as autoridades están a realizar por Galicia acompañados polo Presidente da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, Jaime Gil Aluja.

Alesandro Bianchi, que naceu en Roma, foi reitor da Universidade de Regio Calabria e incorporouse á Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España o pasado 18 de outubro no acto de inauguración do curso. Foi alí onde Bianchi explicou que non coñecía Galicia e que quería achegarse persoalmente ás dúas cidades que máis o atraian: Lugo e Santiago.

Bianchi confesou estar “sorprendido da beleza da arquitectura lucense, da muralla romana, da súa xente cun carácter aberto, marabilloso, e coa festa do polbo”.

A súa visita á muralla e á Casa dos Mosaicos permitiulle coñecer de preto o pasado romano da cidade de Lugo e cualificou de “incrible” o estado de conservación dos “tesouros” romanos que posúe a cidade.