Imprimir

O ORZAMENTO DA ZONA RURAL MULTIPLICOUSE POR 4,5 DENDE O 2003


12/1/2007 Están en marcha catro proxectos de saneamento e tres reformas en escolas rurais

O Concelleiro de Economía e Zona Rural, Francisco Fernández Liñares, presentou hoxe os orzamentos que terá dispoñibles durante este ano nas parroquias, e que ascende, no capítulo de inversións, a 3.275.000 euros.

Segundo explicou o Concelleiro, o orzamento en Economía non existe como tal, xa que o único gasto que ten esta Concellería é en persoal, xa que a súa finalidade é a xestión dos orzamentos xerais.

Fernández Liñares destacou que dende o ano 2003, o investimento na Zona Rural multiplicouse por 4,5, pasando de 724.000 euros aos 3.275.000 actuais. Segundo explicou, o crecemento no primeiro ano foi do 69%, o segundo do 59%, o terceiro do 57% e neste último do 8%.

O investimento máis importante está relacionado coa implantación do saneamento nas parroquias. Foron realizados catro proxectos para os que se van licitar as obras cun orzamento total de 2.129.635 euros. Corresponden a los lugares de Liñares de Meilán, Piugos, Casas Novas e Bosende.

O Concelleiro destacou que estas obras están subvencionadas na súa maior parte pola Consellería de Medio Ambiente e contan con dúas anualidades dos orzamentos de 1.970.000 euros cada unha.

Ao mesmo tempo, están realizados xa os planos para proceder a redactar o proxecto de sanemeamento en Tirimol e se farán estes días tamén os planos para o de Adai e o de Orbazai.

Segundo explicou Liñares, o saneamento é máis necesario nas parroquias máis próximas ao centro pero esta medida irá extendéndose cara ás máis alonxadas ano a ano.

En relación aos alumeados, nestes catro anos puxéronse 394 puntos de luz diseminados polas parroquias cun valor total de 380.000 euros. Para este ano existen varios proxectos que están en marcha e que suporán 111 máis por valor de 115.000 euros.

Fernández Liñares referiuse tamén á limpeza das cunetas e pistas. Afirmou que deseñaron, en base a uns prototipos franceses, unhas palas triangulares que permiten a limpeza das cunetas recollendo o material sobrante ao mesmo tempo e sen necesidade de cortar o camiño durante esta operación.

O Concelleiro explicou que esta operación é moi necesaria pero até o de agora non existe en España mecanismo que permita realizar esta operación de limpeza de cunetas sen ter que cortar a vía e sen causar desperfectos no firme, razón pola que se esperou a atopar unha solución.

Afirmou que a intención do Concello é tomar estas medidas o antes posible e de xeito continuado “aínda que será un proceso lento xa que son máis de mil quilómetros de pistas para actuar”, dixo.

Respecto aos centros sociais da zona rural explicou que, unha vez rematado o de Coeses, están en proceso os de San Xoán do Campo, Santa María de Bóveda en Castro e o de Calde.