Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os diplomas dos cursos de formación en saúde laboral para os traballadores do plan PILES


# Luns, 13/08/2007
Están organizados polo Concello de Lugo co fin de fomentar a prevención de riscos laborais

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, entregou xunto a Técnica Municipal de Prevención de Riscos Laborais, María José Carvallo, e a representante de Fremap, Ángeles Berdeal Cuba, os diplomas acreditativos dos cursos de formación en prevención de riscos laborais: “Capatización para o desempeño de funcións de nivel básico” e “Primeiros auxilios”. O acto tivo lugar esta mañá, ás 11:30 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

A edil destacou a importancia destas accións formativas en materia de seguridade e saúde laboral para a formación dos traballadores, tanto a nivel curricular como laboral, para que poidan desenvolver a súa carreira profesional en parámetros de seguridade. Sonia Médez engadiu que “o Concello de Lugo apoia e quere impulsar ao longo desta mandato estas iniciativas co obxectivo de contar cos profesionais mellor cualificados de Lugo”.

Desde o Concello de Lugo foméntase que todos os traballadores que participan nos arranxos dos espazos públicos da cidade asistan a estas accións formativas impartidas polo Concello, que teñen unha duración superior á establecida pola lei, co fin de previr os riscos laborais.

Estes cursos contaron coa participación de vinte traballadores do programa Piles e desenvolvéronse entre os meses de febreiro e abril. A concelleira felicitou a todos os participante polo seu esforzo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova