Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía analiza o Proxecto PARQUE coa Asociación de Empresarios do Ceao


# Mércores, 05/09/2007
Na xuntanza, Sonia Méndez, anunciou que a rede WIMAX e os puntos de información, funcionarán en xaneiro

O Alcalde reiteroulles o compromiso do goberno de poñer en marcha o Plan cuadrienial do Ceao

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantivo unha xuntanza con representantes da Asociación de Empresarios do Ceao para analizar o estado de execución do proxecto Parque.

Na xuntanza participaron técnicos expertos do Concello e tamén do Polígono Industrial.

Sonia Méndez explicoulles o estado de execución do proxecto e anunciou que no mes de xaneiro estará en marcha a rede WIMAX que servirá para a conexión de todo o Polígono ós puntos de información e das cámaras de videovixilancia.

A edil de Emprego aproveitou ademais para presentarlles unha serie de accións formativas organizadas polo Concello e dirixidas a todos os empresarios do Ceao.

Terán lugar entre os meses de Outubro a Decembro e incluirán temas relacionados coas Novas Tecnoloxías e co Medio Ambiente. Para Méndez é fundamental que os empresarios coñezan de primeira man as vantaxes das novas ferramentas de traballo e a necesidade de que garantan o coidado do medio.

Nodus á disposición dos empresarios

Xa adiantou que haberá unha primeira xornada de presentación no Centro de Empresas e Innovación (CEI) a finais de setembro, que permitirá ademais abrir as portas do NODUS ós empresarios e poñelo plenamente á súa disposición, “tal e como dixo o Goberno local dende o primeiro día, aproveitando a cercanía que ten co Polígono Industrial”.

Méndez tamén anunciou máis xuntanzas con este colectivo.

Plan para o Ceao

A Asociación de Empresarios mantivo ademais un encontro co Alcalde de Lugo, José López Orozco, quen reiterou de novo o seu compromiso de poñer en marcha un plan cuadrienial de arranxo dos viais do Ceao. Dixo que neste momento está á espera dunha resposta do Conselleiro de Industria ó que lle plantexou a posta en marcha deste plan.

Tendeu de novo a man á colaboración dende o Concello e garantiulles o apoio do goberno local. López Orozco recordou que a Asociación de Empresarios quedou en entregarlle un proxecto que recolle as necesidades desta zona industrial da cidade, tal e como acordaron nunha xuntanza mantida en marzo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova