Imprimir

O DÍA 20 DE SETEMBRO COMEZA O PRAZO PARA O COBRO DO IBI E A TAXA DE VADOS


19/9/2007 O calendario do contribuínte establece un período fixo de cobro destes impostos, dende o 20 de setembro ata o 20 de novembro

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou hoxe o inicio do prazo para o cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e de vados, que dende este ano se fará nun período fixo, dende o 20 de setembro ata o 20 de novembro, tal e como recolle o calendario do contribuínte.

Este será o período voluntario, a partir do 20 de novembro comezará a recadación executiva que implica un recargo do 5%, por iso a Concelleira recalcou a importancia de lembrar estas datas ou incluso domiciliar o pago. "Ó redor dun 90% dos contribuíntes lucenses efectúan o pago en prazo, pero aínda así o ano pasado 463 superaron esta data e tiveron que aboar o recargo"

Segundo explicou Méndez, este ano o imposto do IBI permitirá a recadación de 14.209.764 euros en urbana o que supón un incremento do 4.70% con respecto ó ano 2006.

En canto ó número de recibos, será de 77.849 o que representa un 4% máis que no 2006. Estos datos reflicten "unha media de pago para o contribuínte de Lugo de 182,52 euros, algo máis que o ano pasado que era de 181,30 euros".

En relación co cobro do IBI en rústico terá unha recadación de 55.883,69 euros e un total de 12.436 recibos.

O IBI é un dos máis importantes impostos do Concello xa que representa o 14% do total de ingresos municipais.

Parque de Inmobles
A Concelleira destacou ademais datos sobre o parque de inmobles na cidade "os usos son preferentemente residenciais representando un 66% do total, arredor de 52.402 recibos". Tamén salientou a existencia dun número considerable de vivendas renovadas, xa que o 65% dos inmobles son construcións de despois de 1980, polo tanto de menos de 27 anos de antigüedade.

Méndez suliñou ademais a boa colaboración existente entre o Concello e a xerencia catastral, "dende 1999, data en que se asinou un convenio co catastro houbo reunións periódicas dunha comisión de seguemento que permitiu a actualización dos valores catastrais".

Este ano a boa nova é que finalizou esta valoración polo que non haberá no 2008 actualización ou incremento da base impoñible.

Cobro vados
O número de recibos das taxas por aproveitamentos especiais de vehículos da vía pública suporá unha recadación de 481.456,45 euros e un total de 3.409 recibos. O prazo para o seu cobro terá o mesmo periodo de duración, dende o 20 de setembro ata o 20 de novembro.