Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aceptadas todas as propostas do equipo de goberno para as Ordenanzas Fiscais 2008


# Martes, 16/10/2007
A Concelleira de Economía amosou a súa satisfacción pola boa acollida das propostas do goberno

A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, informou dos acordos adoptados na última xuntanza cos grupos con representación municipal para acordar as Ordenanzas Fiscais do vindeiro ano, “podemos dicir que vai haber un acordo para a aprobación destas ordenanzas, á espera da resposta definitiva por parte dos grupos”.

As propostas do equipo de goberno foron moi ben recibidas, polo tanto chegouse ós seguintes acordos:

CONXELACIÓN DE TRIBUTOS LOCAIS

Conxelación en 2008:

- IBI (Imposto sobre bens inmobles)

- Imposto circulación (Imposto sobre vehículos de tracción mecánica)

- Taxa pola prestación do servizo do centro de día

- Taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar

- Prezo público pola prestación de servizos nas instalacións culturais

O resto dos tributos:

- Só suben o IPC correspondente ó mes de agosto (2,2)

BONIFICACIÓNS FISCAIS

Imposto de circulación (porcentaxe na que se establecerá esta bonificación: 50%)

- Vehículos eléctricos, híbridos e de eficiencia enerxética A.

-Esta bonificación será durante os primeiros 3 anos desde a matriculación.

Imposto de Plusvalías (ou de incremento de valor dos terreos de natureza urbana) (porcentaxe na que se establecerá esta bonificación: 95%) Sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

- Que sexa resultado dunha herencia: título lucrativo por causa de morte

- Que os destinatarios sexan descendentes e adoptados, ascendentes e adoptantes ou cónxuxes.

- Que sexa a vivenda habitual do causante/falecido.

- Que non se transmita o ben en 4 anos desde a data de falecemento.

Taxa e Imposto sobre construcións, instalacións e obras (porcentaxe na que se establecerá esta bonificación: 95 %)

- Obras de restauración e rehabilitación na zona rural

Taxas de auga, lixo e sumidoiros (porcentaxe na que se establecerá esta bonificación: 100 %)

- Beneficiarios de RISGA (Renda de Inserción Social de Galicia).
- Non se bonificará o exceso do consumo mínimo

NOVOS TRIBUTOS

Taxa por dereitos de exames

- Grupo A: 18 euros
- Grupo B: 16 euros
- Grupo C: 14 euros
- Grupo D: 12 euros
- Grupo E: 10 euros

* Exentos: persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% e familias numerosas especiais.

* Bonificación do 50% para familias numerosas

Taxa pola prestación do servizo de comida no fogar

Prezo público pola venda de publicacións locais

- Custo da edición

Prezo pola participación no programa “Aprende xogando”

- Menos de 3 horas: exento

- Media xornada (máis de 3 horas): 1 €

- Xornada completa: 3 €

REORDENACIÓN DE TRIBUTOS

Plusvalías

- Gravaranse máis os incrementos de valor xerados nun período de tempo inferior a 5 anos: tipo de gravame: 28%

Establecen diferenciación para transmisións gravando con un punto máis as que se producen nun prazo inferior a 5 anos. Segundo explicou a Concelleira, este imposto trata de gravar os incrementos de valor que se produzan polas transmisións, por compra venda ou falecemento da persoa. “Os tres grupos consideramos máis xusto que se graven máis as transmisións que se produzan nun intervalo de tempo máis curto”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova