Imprimir

UNHA XORNADA SOBRE MEDIOS DE PAGAMENTO REÚNE EN LUGO A TESOREIROS E INTERVENTORES DE TODA GALICIA


18/10/2007 O programa inclúe unha charla sobre os novos medios de pago de especial interés para os lucenses

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou hoxe a xornada sobre Medios de pagamento na Administraciñón Pública que se celebra ó longo de todo o día no Centro Social Uxío Novoneira.

A xornada, organizada polo Concello e a concesionaria do servizo de recaudación municipal, Tribugest, conta co apoio da FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias, e reuniu en Lugo ós tesoureiros, interventores e técnicos municipais de todos os concellos e deputacións de Galicia.

A Concelleira de Economía e Emprego deu a benvida a todos os asistentes á cidade e agradeceu a Tribugest a colaboración co Concello de Lugo para a organización desta xornada informativa. Sonia Méndez indicou que os ponentes de alto nivel que participan nos relatorios axudarán a esclarecer un tema tan cambiante como é o dos medios de pagamamento.

Ó longo da mañá haberá un total de cinco intervencións dirixidas ó persoal técnico da Administración Pública e a profesionais. Xa pola tarde haberá unha charla coloquio de especial interese para os veciños de Lugo baixo o título: “Novos medios de pagamento”, na que se analizarán os novas formas de pago dos tributos municipais coas que o Goberno Local pretende facer máis cómoda a súa liquidación e tratar de evitar os recargos que ás veces se producen.