Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O equipo de goberno propón un aumento nos orzamentos do 4%


# Venres, 19/10/2007
As xuntanzas cos grupos políticos comezarán o luns

O goberno local proporá o 26 de novembro como data de aprobación en Pleno

O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, explicaron as propostas que fará o equipo de goberno ós distintos grupos con representación no Concello, para os orzamentos municipais do ano 2008.

López Orozco explicou que o luns comezará unha negociación con “total transparencia, como debe ser”, para chegar a un acordo cos distintos grupos políticos. “Comezamos unha nova etapa para a aprobación dos presupostos. Entre os tres grupos debemos facer os orzamentos do Concello de Lugo”.

O Alcalde suliñou que dende o equipo de goberno “ofrécese unha total apertura para un debate sen ningún tipo de condicionamentos, agás un, os orzamentos non poden ser superiores ós ingresos”. Neste senso, anunciou que os ingresos para o 2008 -propios do Concello, e doutras administracións- van sumar a cifra de 95 millóns 702.385 euros, o que supón un aumento do 4.11% con respecto ó ano 2007. Os gastos serán os mesmos, polo tanto coa mesma porcentaxe de aumento.

A suba proposta polo equipo de goberno poderase facer efectiva se contan co apoio do resto dos grupos, a pesar da conxelación de moitos prezos públicos e impostos xa anunciada pola Concelleira de Economía.

López Orozco aclarou que existe unha clasificación dos orzamentos por capítulos e explicou a que se refiren os máis importantes.

No Capitulo I -persoal- dixo que a cifra se achega ós 28 millóns e medio de euros.

No capítulo II -gastos xerais- 29 millóns 967.322. “Este é o capítulo de investimento en persoas”.

No capítulo VI -investimento- a suma é de 20 millóns 500.000 euros, “están sumadas xa as previsións do que aporten outras administracións para infraestruturas”.

O mandatario lucense dixo que nestes orzamentos prodúcese un aumento do investimento do 4.39% “supera ó conxunto dos orzamentos”.

Tanto o Alcalde como a Concelleira de Economía, destacaron que estes orzamentos supoñen un aumento moi positivo para a cidade e inclúen os gastos xa comprometidos, como por exemplo a obra do Centro Cívico de Fontiñas ou o mobiliario da gardería desa zona “máis dun millón de euros será destinado para obrigas contraídas. Sempre dixemos que gobernemos nós ou outros, non deixaremos hipotecado nunca o futuro de Lugo”.

Os seguintes pasos na tramitación dos orzamentos pasan por unha serie de xuntanzas co resto dos grupos, información ós organos colexiados como o Consello Económico e Social e posteriormente que a Xunta de Goberno Local aprobe o proxecto e a Comisión de Contas dictamine favorablemente antes do Pleno.

Sonia Méndez dixo que espera poder levalos a aprobación nun Pleno o 26 de novembro “co que garantimos que o 1 de decembro estén aprobado e entren en vigor o 1 de xaneiro”.

Os responsables do equipo de goberno salientaron que esperan que estos orzamentos se aproben por unanimidade, “senón habería unha prórroga e seguiríamos gobernando, aínda que proxectos tan importantes como o Urban quedarían fóra”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova