Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo reitera o seu compromiso de consensuar os orzamentos


# Luns, 22/10/2007
Celebrouse a primeira das xuntanzas para preparar os orzamentos do ano 2008

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, mantiveron a primeira xuntanza cos membros da oposición para presentarlles a súa proposta para os orzamentos do ano 2008.

López Orozco renovou nesta xuntanza a súa invitación para que estos presupostos sexan consensuados entre os tres grupos políticos con representación municipal. “A cidade de Lugo vive unha nova etapa que o equipo de goberno ve con ilusión e sobre todo co interés de contar con todos os que representan á cidadanía”.

Como xa dixo a pasada semana, o Alcalde desexa que o consenso e o diálogo, sexan a característica destas xuntanzas que continuarán esta semana.

O Alcalde suliñou que dende o equipo de goberno “ofrécese unha proposta presupuestaria na que só se delimita que os gastos non poden ser superiores ós ingresos porque se farían uns presupostos totalmente irreais”.

Nestas cifras que se presentaron “con total transparencia”, explicáronse tamén as cantidades que o Concello ten xa apalabradas: a iluminación, o pago de lixo, mantemento dos xardíns, asistencias para distintas actividades de xuventude, servizos sociais ou deporte…”e que temos a obriga de cumprir”.

Para o mandatario lucense hai distintas maneiras de aprobar estes orzamentos: dialogar e decidir os tres grupos dacordo cos programas ou que o equipo de goberno presente un anteproxecto de orzamentos a partir do que se chegue a un acordo.

López Orozco mantén que a súa oferta é para os tres grupos e que se algún non quere participar é “porque se autoexclúe. Nós ofrecemos consensuar, pactar, debatir en común estes orzamentos. Neso quedamos”.

Nas próximas semanas o grupo de goberno presentará un anteproxecto dos orzamentos da cidade para o debate con todos os grupos políticos, sen exclusións.

O Alcalde tamén quixo suliñar que a actitude do BNG non é a máis lóxica, xa que os nacionalistas esixiron dende o primeiro momento que non participase o Partido Popular nesta negociación, “nós non queremos contar con todos nesta decisión tan importante para a cidade”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova