Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía e Emprego inaugura o VIII Foro Emprendedor BANG


# Xoves, 25/10/2007
Os Business Angels son os mecenas dos novos proxectos empresariais ideados polos emprendedores

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou o VIII Foro Emprendedor Business Angel Network Galicia (BANG) celebrado no Centro de Empresas e Innovacións do Concello de Lugo.

Méndez explicou que “a rede Bang foi constituída por un grupo de empresarios que, seguindo o estilo dos mecenas de artistas do pasado, convértense en mecenas de emprendedores que teñen moi boas ideas pero ós que lles falta o capital para sacar a diante os seus proxectos”. A Concelleira alabou o apoio que estes anxos do negocio realizan, sobretodo, ós mozos que comenzan na súa andadura empresarial.

Os asistentes puideron coñecer as pautas para a elaboración e a análise de plans de empresa da man de Óscar García Álvarez, especialista na valoración de plans de negocio e análise de proxectos. Ademáis puideron asistir á conferencia de Sergio Quiroga, representante de ECOCELTA, Un emprendedor excelente: caso práctico.

Para finalizar, un especialista en valoración de plans de negocio e análise de proxecto, atendeu ós emprendedores que o solicitaron para estudar o seu perfil emprendedor dun modo individualizado.

Os anxos dos emprendedores

A rede Business Angels Network Galicia proporciona mecanismos efectivos e paralelos ás institucións financieiras que permiten cubrir os plans de investimentos dos emprendedores. Así nacen as Redes de Business Angels, pola existencia desta demanda de inversión para pequenas e medianas empresas que non poden cubrir os familiares e amigos e tampouco teñen o volumen suficiente para acceder a recursos financieiros de entidades bancarias ou de sociedades de capital de risco.

Encóntranse actualmente na rede, en busca de inversión : 36 proxectos validados. Cerráronse con éxito cinco proxectos e outros tantos encóntranse en negociacións.

Normalmente os inversores chegan a aportar ata dous millóns de euros a sectores con potencia de crecemento (pero sobre todo apostan por xente con ideas, talento e capacidade de xestión). O principio interesábanse por proxectos do boom tecnolóxico e agora en distribución alimentaria ou construcción.

Calcúlase que en España hai uns 2.500 destos anxos do negocio.

Según estudos recientes, un de cada cinco inversores xerou un rendemento acumulado do 50%. A rentabilidade media (con criterio conservador) é do 15%.

A principal característica dun anxo do negocio é a de ser capaz de atopar e confiar nun grupo de emprendedores e dedicarlle parte dos seus recursos (tempo e capital) para axudar a desenvolver un proxecto, que ó mesmo tempo será o seu.

Un Business Angel invirte con criterios financieiros e obtén, ademais de beneficios, a satisfacción de poder transmitir con éxito a súa propia experiencia empresarial.

En xeneral, as redes Business Angel:

- Movilizan importantes fondos de Capital (que anteriormente permanecía fragmentado e invisible)
- Estimulan a demanda de financiación (que de outro modo estaría latente)
- Facilitan inversión creando canales de comunicación.

As redes Business Angels poden eliminar moitos dos problemas financieiros e de xestión ós que se enfrentan as empresas de nova ou reciente creación.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova