Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

José López Orozco reúnese coa Executiva do PSOE arxentino


# Martes, 30/10/2007
Explicoulles o bo momento que vive o Partido Socialista en Galicia e interesouse por coñecer de primeira man as demandas dos mozos arxentinos

José López Orozco, presidende da Agrupación Local do PsdeG-PSOE Lugo e Sonia Méndez, integrante da agrupación, participaron nun encontro coa executiva e con mozos do PSOE arxentino. Entre os cargos da Executiva estaban o Presidente, Félix Mues Berradre e a Secretaria Xeral do PSOE Arxentina, María de los Ángeles Ruiz Sánchez.

Quixeron coñecer a situación que vive o Partido Socialista en Galicia e no resto de España. López Orozco explicoulles que este é “un momento moi bo para o PSOE en Galicia, somos un partido unido que ademais cumprimos accións moi concretas comprometidas coa cidadanía”.

Aclaroulles que aínda que as condicións son moi boas “non nos podemos durmir, temos que seguir traballando como ata o de agora”.

López Orozco tamén se referiu ás políticas sociais seguidas dende o goberno de España. “Temos un extraordinario presidente que se acordou de leis sociais nun momento de bonanza económica”.
 
A oposición do Partido Popular en España tamén foi un dos temas que quixeron coñecer os mozos socialistas. “Temos unha oposición moi dura en España, pero atópase anclada no pasado, en temas que lle din moi pouco á xente”.

A sensación no PSOE arxentino e que López Orozco confirmou, é que o Presidente do Goberno en España, José Luis Rodríguez Zapatero, é “un home moi íntegro. Pensa o que di e di o que pensa”.

Os máis novos da reunión explicaron que na Arxentina se están dando situacións paradóxicas como as subvencións para mercar pan, pero que o leite sexa case inexistente debido á alta exportación de leite en pó ou a substitución dos terreos para gando por zonas de cultivo de soja “o chamado ouro verde neste país”.

López Orozco interesouse moito por coñecer os seus problemas reais. A vivenda e o paro son tamén aquí preocupacións do día a día. Explicoulles as políticas mantidas polos diferentes gobernos, estatal, autonómico e local para paliar estos problemas. “Os problemas hai que saber abordalos, por iso o goberno elaborou entre outros un Plan de Vivenda”.

En concreto, no caso de Lugo explicoulles a experiencia con emprendedores iniciada no Centro de Empresas e Innovación, pero tamén os programas de formación con compromiso de contratación postos en marcha para desempregados “Teño dúas ilusións, que a xente quede en Lugo porque quere e pode, e que compitamos no mercado laboral por ter á xente mellor formada, non por salarios baixos”.

 Ós militantes socialistas que participaron nesta xuntanza interesoulles moito coñecer o caso concreto de Lugo e a nova situación que vive o goberno de López Orozco cunha maioría relativa. “Seguimos traballando por Lugo e pola cidade, quixemos chegar a un acordo e a nosa proposta está por escrito, non é unha opinión miña persoal. Cremos que o Bloque Nacionalista lucense non quería pactar, pero como dixen sempre, as portas están abertas”.

Os máis novos criticaron que moitos políticos na Arxentina chegan a gobernar e esquecen a rúa, e valoraron moi positivamente a cercanía que o pobo de Lugo ten no seu Alcalde. López Orozco explicoulles que “a política hai que facela do lado dos cidadáns, eles son o máis importante dunha cidade, as persoas”.

Quedou moi soprendido polos mozos do PSOE arxentino e lembroulles que eles eran o futuro, “a renovación é necesaria porque as ideas tamén se agotan, vós sodes o futuro”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova