Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo leva as políticas municipais de emprego a Arxentina


# Sábado, 27/10/2007
Acompañao a Concelleira de Economía Sonia Méndez que presentará o Centro de Empresas e Innovación ós mozos arxentinos

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía Sonia Méndez, achegarán ós mozos arxentinos a labor realizada dende o Concello de Lugo en materia de emprego e formación.

Convidados pola Cámara de Comercio de Lugo a viaxe, permitiralles explicar ós universitarios do país hispanoamericano os proxectos e iniciativas postas en marcha dende o Concello.

O mandatario lucense aproveitará estos cinco días de viaxe para manter contactos cos empresarios galegos afincados na Arxentina e coñecer as ofertas e demandas laborais do país, así como presentar o traballo realizado neste senso dende a Concellería de Emprego que dirixe Sonia Méndez. Nesta viaxe López Orozco dará a coñecer a cidade de Lugo ós miles de descendentes de galegos que hai na Arxentina proxectando ademais un video feito para a ocasión no que se presenta a cidade como un destino turístico de primeiro nivel.

O turismo, o emprego, os proxectos de formación e as fórmulas empregadas dende o Concello para a captación de fondos europeos serán algúns dos temas que tratarán o Alcalde e a Concelleira de Emprego nesta primeira viaxe que o equipo de goberno fai en 20 anos, cando era alcalde Vicente Quiroga.

Como exemplo da boa práctica levada a cabo polo Concello para a promoción de emprego na cidade exporán as actividades realizadas no Centro de Empresas e Innovación CEI e no NODUS. Os representantes municipais lucenses explicarán como nas instalacións do CEI traballan xa un total de 21 empresas de nova creación que se caracterizan pola súa filosofía innovadora e pola sensibilidade para incorporar as novas tecnoloxías ó seu traballo diario. Ademais, explicarán os proxectos nos que o Concello está involucrado na actualidade como son Lugo Social, o Proxecto Parque ou Lugo abrindo camiños, cos que se conseguiron importantes recoñecementos ó traballo do Goberno Local.

A viaxe incluirá unha visita á nova Delegación que a Xunta de Galicia ten en Bos Aires, onde o Alcalde asinará no libro de honra e tratará coa delegada temas relacionados co emprego e as posibilidades de futuro que teñen na actualidade os descendentes dos galegos en hispanoamérica. López Orozco, será o primeiro Alcalde galego que visita este novo centro.

O último día desta viaxe o alcalde lucense e a Concelleira de Emprego intervirán no segundo Congreso de Jóvenes descendientes de españoles. Un acto no que participan mozos de entre 18 e 35 anos procedentes de toda Arxentina. Alí informaranos sobre as axudas que presta o Concello para a formación de mozos, a busca de emprego e ós emprendedores.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova