Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello inicia as obras para a instalación da Fonte dos Leóns na praza de Avilés


# Mércores, 10/01/2007
Onte foi desmontada a matrona para proceder á súa restauración

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, deu conta onte do inicio das obras de instalación da recuperada Fonte dos Leóns na praza de Avilés.

A primeira actuación deste obra foi o desmonte da matrona da praza, situada nun pedestal que desapareceu onte para deixar paso á nova fonte.

O Concelleiro explicou que a fonte ten as súas orixes no ano 1861 e significou un longo proceso de restauración das figuras orixinais, que xa están listas para seren colocadas de novo, aínda que serán unhas réplicas de bronce as que ocuparán o lugar dos orixinais. Esto é debido a que estaban tan dañadas que non poderán seguir expostas ás inclemencias do tempo.

Piñeiro adiantou que as obras pode que estean rematadas no mes de marzo, obras que teñen un custe cercano aos 220.000 euros e nas que, ademais do Concello, realizarán aportacións empresas e particulares.

A matrona desmontada hoxe foi recuperada enteira polo que se procederá ao traballo de recuperación desta figura.

Aínda que se conserve o seu deseño orixinal para manter a súa esencia, estará dotada de alumeado e terá un circuíto pechado de auga, para darlle un toque de modernidade.

A glorieta onde irá a fonte terá uns 14 metros de diámetro, mentres que a fonte será de 8,6, polo que rematará cara a rúa cunha pequena ladeira de terra de 30 centímetros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova