Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as obras de reurbanización do polígono do Sagrado Corazón


# Martes, 23/01/2007
O Concello inviste 480.000 euros nestes traballos

O polígono estreará novos servizos e un parque infantil renovado antes de que comece a rehabilitación das vivendas.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron o inicio das obras do polígono do Sagrado Corazón. Estes traballos, que acadan os 480.000 euros, enmárcase no compromiso “claro e inequívoco do goberno municipal de que todos os veciños, independentemente de onde vivan, teñan os mesmos dereitos”, afirmou o mandatario municipal. Os veciños contarán cun novo saneamento e traída de augas, un parque infantil totalmente renovado, así como contenedores soterrados antes de que comecen as obras de rehabilitación das vivendas.

As máquinas comezaron a traballar estes días na reurbanización do barrio, que xa conta cun alumeado renovado recentemente instalado polo Concello de Lugo. Grazas a estes traballos, que rematarán a finais de marzo-principios de abril, os veciños terán un barrio reurbanizado e novos servizos. O Alcalde xa adiantou que se respectarán as áreas de aparcadoiro e zonas verdes, os contenedores estarán soterrados e haberá un parque infantil renovado –obra xa adxudicada-.

“Estas obras son un compromiso do Concello coa fin de animar ós veciños a ese traballo tan bonito que nos queda: o de rehabilitación das vivendas. O proxecto xa está feito e aprobado pola Xunta de Goberno Local, está enviado ó Ministerio de Vivenda e á Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia para que esta zona sexa unha Área de Rehabilitación Integral, o que permitiría ter o 80% da financiación para a rehabilitación das casas”, explicou.

José López Orozco adiantou novos traballos en beneficio do Sagrado Corazón: “Cando rematen estas obras, arranxaremos parte dos accesos ó barrio. Faremos a rúa Fontaneira e melloraremos as condicións da rúa Fonmiñá”.

O equipo de goberno segue a traballar en todos os barrios para igualar ós veciños en dereitos. O Alcalde puxo como exemplos as obras de urbanización de Montirón, barrio Feixóo ou Valiño. “Estamos facendo un acto de xustiza”, afirmou.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova