Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello cambiará o firme do vial principal do parque da Milagrosa para que recupere o seu aspecto peonil


# Martes, 13/02/2007
Comezan as obras de repavimentación en rúa Nóreas e se aproba o proxecto para o cambio de saneamento e suministro de auga na rúa Vella da Ponte

O Concello de Lugo dará un novo paso no camiño da peonalización, coa transformación da fisionamía dun dos viais do parque da Milagrosa en peonil.

Trátase do que une a avenida da Avenida da Coruña coa rotonda na que están situadas a bibioteca municipal e o centro social. Así o anunciou hoxe o Concelleiro de Infraestrutuas, José Piñeiro.

Esta obra significará un novo paso na revitalización desta zona, que está a se converter no centro do ocio deportivo e cultural da cidade. De feito, está realizada xa unha actuación nas inmediacións do novo pavillón coa peonalización dun vial novo.

Por esta rúa non pasan coches actualmente pero conserva a súa estructura de vía normal con beirarrúas, xa que era utilizada como a entrada e saída de vehículos do antigo matadoiro.

Ademais do cambio de estrutura da vía, utilizando formigón impreso e plaqueta, a obra contemplará a realización dos traballos para un novo sistema de recollida de pluviais. Ademais, tamén se incorporará un novo alumeado e se crearán alcorques para manter as árbores autóctonas.

Ademais, colocaranse bancos novos e máis modernos, algúns deles preparados cunha serie de actividades para os maiores. Trátase dunha novidade para Lugo, que non conta até o de agora con este tipo de mobiliario.

Con esta obra Lugo sumará 2.600 metros cadrados máis de paseo peonil, o que suporá un investimento de 272.229 euros e un prazo de execución de cinco meses. "Acondicionarase así unha zona moi frecuentada polos cidadáns para presentar máis prestacións, máis benestar e ofrecer unha imaxe máis agradable", explicou o Concelleiro.

RÚA NÓREAS

Por outra banda, o Concelleiro indicou que xa comezaron as obras na rúa Nóreas para a reposición do pavimento, unha obra que supón unha mellora obrigada pola situación na que quedou do primeiro mandato.

Esta obra realizouse tamén na rúa Progreso e en Xoán Montes e levarase a cabo en Campo Castelo tamén en breve.

Aínda que a obra xa comezou, manterase aberta ao tráfico de xeito continuado até despois do Entroido, cando haberá que pechar unha parte. José Piñeiro explicou tamén que no momento no que se corte a rúa informarase aos veciños para que retiren os vehículos dos garaxes, que estarán inutilizados varios días mentres cambian as losetas.

Así mesmo, o Concelleiro anunciou que mañá, mércores, en Xunta de Goberno Local, aprobarase o proxecto para a reforma da red de suministro de auga de recollida de fecais para a Rúa Vella da Ponte.

O Concelleiro afirma deste xeito que esta zona non está abandoada e que falou cos veciños en reiteradas ocasións para lembrarlles que para cambiar o sistema era necesaria unha intervención en base a un proxecto.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova