Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Piñeiro e Besteiro visitan o inicio das obras da fonte cibernética


# Xoves, 22/02/2007
Anuncian a súa posta en marcha en pouco máis de dous meses como sinal de identidade da Fonte dos Ranchos

Os Concelleiros de Urbanismo e Infraestruturas, José Ramón Gómez Besteiro e José Piñeiro, visitaron hoxe as obras que se están realizando para a posterior construcción da fonte cibernética, que adornará a praza de Fonte dos Ranchos.

Esta obra contempla a construcción dunha sala de máquinas de 5,30 por 4,50 metros de planta e 2,30 metros de alto. Nela situaranse todos depósitos, bombas e mecanismos necesarios para o seu funcionamento.

Segundo indicou o Concelleiro, a fonte contará con 43 proxectores de luz de diferentes tonalidades, cos que se lograrán efectos de color de até 60 diferentes. Ademais, o chorro central alcanzará os 10 metros de altura.

A obra civil da fonte ten un orzamento de 170.000 euros e un prazo de execución de pouco máis dun mes, aínda que se estima que en dous meses poderá estar en funcionamento a nova fonte.

Tal e como comentaron os Concelleiros, trátase dunha obra importante para o barrio “porque será un sinal de identidade para todos os veciños do lugar, ademais dun mecanismo para o embelecemento dunha das entradas a Lugo”.

Explicaron os Concelleiros que a intención do equipo de goberno é realizar unha mellora en todas as entradas a Lugo, moitas delas xa feitas, e tamén facer un monumento identificativo en cada un dos barrios lucenses.

Así, Piñeiro lembrou que se están a levar a cabo obras en distintos barrios con esta intención de mellora, como son as fontes da Medusa, Augas Férreas ou o complexo patrimonial da Fonte dos Leóns.

En algúns casos, como na Medusa ou a Fonte dos Leóns, na praza de Avilés, estas obras impricarán un cambio e unha mellora no ordenamento do tráfico.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova