Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello xestionou obras en infraestruturas por máis de 40 millóns de euros


# Luns, 02/04/2007
Firmou un convenio no 2004 que permitiu o arranxo de todas as travesías agás a Avenida da Coruña

O equipo de goberno actual xestionou xa un total de 40 millóns de euros en obras de infraestruturas viarias. Estes cartos fan referencia tanto ao investimento do Ministerio de Fomento (27 millóns de euros) e do propio Concello.

Así o explicou o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, que fixo un percorrido por esas obras que están en marcha ou xa rematadas como a pasarela do Campus, o desdobramento da Campiña, a mellora dos accesos á Nacional VI por Garabolos e o desdobramento de Tolda-Nadela.

O Concelleiro insistiu en que "se trata de proxectos xestados e levados adiante por parte do equipo que preside o Alcalde, José López Orozco". Contestou deste xeito ás declaracións do candidato á Alcaldía polo Partido Popular, nas que aseguraba que todos os proxectos levados a cabo por este equipo de goberno eran herdados.

"Se todos foran ideas e proxectos del, que non o son -dixo-, por qué non os fixo cando tivo a aportunidade. É moi fácil dicir que todo o feito até de agora eran proxectos seus, aínda que queda demostrado que non era certo polo feito de que estiveron sempre no noso programa e calquera pode comprobalo". Engadiu tamén que "si son proxectos seus e os fixemos nós, con que novidades se vai presentar?"

O Concelleiro explicou detidamente o que sucedeu co proxecto de recuperación da antigas travesías, firmado na época de García Díez como Alcalde. "Firmouse sen ter feito un estudo previo aos proxectos, polo que a cuantía firmada foi moi insuficiente", explicou. Por esta razón, firmaron un novo convenio no 2004 que permitiu realizar as obras en Ronda da Muralla, San Roque, Castelao, Avenida das Américas de rúa Santiago, entre outras que se executarán de forma inmediata como a Avenida de Madrid.

"Non podíamos deixar a Lugo con eses desequilibros herdados de anteriores gobernos que mantiñan a desigualdade en Lugo. Hoxe podemos dicir que se ten actuado en todas as travesías", explicou.

Engadiu tamén que a estes proxectos hai que sumar outros tamén dunha grande importancia pero que están a cargo da Xunta de Galicia, como son por exemplo o Plan Paradai, o tramo actual en obras da Ronda da Muralla ou a Ronda Este, que se adxudicará en días e que está conformada por varias fases de actuación.

O Concelleiro de Infraestruturas resumiu tamén outras actuacións levadas a cabo por parte da Concellería como foron a creación de 30 novas rúas, a renovación de todo o alumeado e saneamento, novos parques e xardíns, e outro tipo de actuacións que alcanzan o 12 millóns de euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova