Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Eixo Atlántico aposta pola modernización da rede ferroviaria interior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal


# Xoves, 12/04/2007


A Comisión Delegada de Infraestructuras do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular reuniuse esta mañá no Salón Nobre do Concello de Ourense.

Nesta reunión foi aprobada a actualización do Mapa de Infraestructuras do Eixo Atlántico, que xa fora presentado na Asamblea Xeral do Eixo Atlántico celebrada en Gaia no pasado mes de febreiro.

Este documento revisa o grado de execución e as infraestructuras pendientes do mapa aprobado no ano 2000, para ser posteriormente remitido aos gobernos coa intención de presionar para o seu cumprimento.  Na rolda de prensa celebrada antes do comezo da reunión o alcalde de Ourense, Enrique Novoa, destacou a importancia deste estudio e manifestou o seu respecto aos acordos adquiridos co Eixo Atlántico no ano 2000 no que se refiere ao paso da A76 por Monforte de Lemos. Así mesmo, tamén quixo manifestar que nas próximas propostas se incluirán a necesidade dunha vertebración eficiente do territorio interior de Ourense.

Por outra parte, o Eixo Atlántico marcou entre as súas prioridades no ámbito da intermodalidade, a vertebración dun sistema interior de transporte ferroviario como alternatica ao uso masivo do automóvil. Resulta necesario para o desenvolvemento das cidades que conforman o sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que contemos con un sistema ferroviario que permita conectar de maneira eficaz os portos, aeroportos, centros de estudio, centros de loxística e as cidades co fin de que a Eurorrexión poda competir en igualdade de condicións coas zonas máis desenvolvidas da Unión Europea.

Este cambio de orientación do Eixo Atlántico, do campo das infraestructuras a unha aposta firme por un transporte máis eficiente, coincide plenamente cos obxectivos marcados pola Unión Europea para o novo período de programación dos Fondos 2007-2013.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova