Imprimir

O CONCELLO INVITA AOS LUCENSES A VER O ESPECTÁCULO DE LUZ E SON CO QUE SE PORÁ EN MARCHA A FONTE CIBERNÉTICA


6/5/2007 Será o luns, a partir das oito e media da tarde

Un espectáculo de luz e son inaugura o luns, ás oito e media da tarde, a nova fonte cibernética situada nos xardíns de Ibáñez Méndez, na Fonte dos Ranchos.

A este espectáculo están invitados a asistir todos os veciños da cidade e poderá verse dende as oito e media desde a parte central da praza.

A fonte cibernética foi construída durante este ano coa intención de dotar á zona de Fonte dos Ranchos dunha importante infraestrutura que lle dera relevancia turística a este barrio, situado nunha das entradas á cidade.

Periodicamente esta dotación ofrecerá este tipo de espectáculos, de gran beleza e atractivo e que comezarán na noite do luns.