Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a instalación dun circuíto saudable para maiores na Carballeira


# Mércores, 23/05/2007
Son once xogos de exercizos, que contan co seu respectivo panel informativo

O Concello de Lugo está a instalar estes días un circuíto saudable de exercizos destinados para os maiores na carballeira grande de Cea de Olga.

Son un total de 11 exercizos os que se están preparando neste espacio. Cada un deles contará con seu repectivo panel informativo de utilización e durante os primeiros días un fisionterapeuta informará aos seus usuarios dos seu correcto funcionamento.

Este circuíto estará listo nos próximos días, unha vez que finalicen as obras destes xogos, que teñen a función de ofrecer un programa para fomentar a saúde entre os maiores.

Estas xogos, que teñen un orzamento de 11.998,75 euros, tiveron como precursor o que existe actualmente na praza Roxa, dentro do espazo reservado a xogos infantís, donde existe tamén un mecanismo de traballo para os maiores.

Por outra parte, o Concello de Lugo abre ao público durante estes días dez parques infantís en distintas zonas de recreo e descanso da cidade.

Un total de 461.981 euros foron destinados á posta en marcha ou á remodelación, nagún dos casos, das zonas de xogos en Albeiros, Castiñeiro, Illa Verde, polígono do Sagrado Corazón, Casas Sindicais, Aceña de Olga, Praza de Augas Férreas, Fonte dos Ranchos, Praza Roxa e no parque do Sagrado Corazón.

Este gran proxecto consistiu na adecuación das zonas de xogos con pavimento de seguridade, a colocación de xogos novos ou remodelados e reparados nalgún caso. En total foron colocados máis de 60 xogos.

Nos últimos meses tamén foron ampliados e engadidos outros espacios de xogos infantís na cidade como o da praza de Campo Castelo, os de San Roque ou os da Piringalla, estes últimos por un importe de 131.000 euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova