O Concelleiro de Infraestructuras, José Piñeiro, explicou hoxe as obras de urbanización da parcela do novo hospital de Lugo das que a Xunta de Goberno Local abriu o seu proxecto de licitación.
As obras consisten na execución das infraestructuras básicas para dotar das condicións urbanas á parcela na que se ubica o futuro hospital de Lugo.
Como explicou o Concelleiro, a proposta das obras céntrase en dous frentes fundamentais: por unha parte, a dotación de servizos urbanos co abastecemento do auga, saneamento, as telecomunicacións, o suminsitro de Gas Natural e o alumado público; e por outra, dotando de servizos ós viais que rodean á parcela do novo hospital.
Coa construcción de 1.145 metros de viais perimetrais que contarán con dúas glorietas na intersección dos mesmos, tratarase de mellorar os camiños existentes.
O Concelleiro explicou que “os viais terán uns 24 metros de anchura, con dos carrís de 3,50 metros de ancho por cada sentido de circulación e veirarúas de 3 ou 5 metros dependendo da existencia ou non de estacionamento”.
Estas obras inclúense na segunda fase das actuacións para cumprir co compromiso adquirido polo Concello de Lugo de urbanizar e dotar de accesos á parcela do novo Hospital.
As actuacións contarán cun presuposto de 2.936.792,06 euros e un prazo máximo de execución de dez meses.