Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Outorgados os premios do sorteo da campaña Lugo limpo gústame máis


# Venres, 12/01/2007
Entregaranse o luns no Salón de Plenos da Casa Consistorial, ás 11:15 horas

O Concello de Lugo celebrou o sorteo dos premios correspondentes ao concurso da campaña publicitaria Lugo limpo gústame máis. Nesta convocatoria, que estivo aberta dende o 1 de marzo até o 15 de decembro, participaron un total de 33.396 persoas, tanto por correo electrónico como entregando a papeleta debidamente cuberta nas instalacións municipais.

Esta campaña foi realizada de xeito intensivo para promocionar hábitos saudables e hixiénicos entre os lucenses, como o uso de bolsas normalizadas para botar o lixo, o depósito en contedores ás horas correctas, a eliminación do vandalismo e a recollida dos deposicións dos cans das rúas, entre outros.

Os galardonados foron os seguintes:

1º Laura María Lastra Montero
2º Cristina López González
3º Mar Piñeiro Caloto
4º Marco Folgueira Arias

Os tres primeiros terán como premio sendas estancias de dúas noites no hotel Hesperia Balneario de Guitiriz, en réxime de aloxamento e almorzo, incluíndo tamén unha sesión de no club termal para dúas persoas. Dous destes bonos foron unha donación de Punto Radio. O último gañador recibirá un I-pod

Os premios serán entregados o luns, ás 11:15 horas da mañá, no Salón de Plenos da Casa Consistorial. A entrega estará a cargo do Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova