Cargando....
Concello de Lugo
28/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde presenta unha nova zona verde en Aquilino Iglesia Alvariño


# Luns, 15/01/2007
Serán preto de 10.000 metros cadrados con arbolado, bancos e zona de xogos

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, presentaron hoxe o proxecto de construcción dunha nova zona verde na rúa Aquilino Iglesia Alvariño.

Trátase dunha extensión de preto de 10.000 metros cadrados que completará tres bloques de vivendas de promoción pública.

Segundo explicou o Alcalde, esta zona tiña nun principio o destino para instalacións deportivas, pero por solicitude dos veciños, e por aprobación unánime do Pleno, cambiouse a súa calificación pola de verde.

En próximas datas comezarán estas obras, que contemplan a construcción de tres zonas axardinadas separadas por rúas para uso dos veciños e nas que haberá bancos, arbolado e zona de xogos infantís.

O Alcalde avanzou que estas obras teñen un orzamento de 140.000 euros “e significan un paso necesario para os veciños desta zona, que nos próximos días verán o inicio das obras do Plan Abella, que consistirá nun cambio sustancial para a zona”, dixo Orozco.

Avanzou tamén o Alcalde que as obras serán contratadas nos próximos días e “que se cumplirá deste xeito unha promesa realizada por parte deste equipo de goberno”.

Suliñou tamén que está zona está a cambiar profundamente e que “ademais de Abella, tamén se recuperará próximamente o cauce da fonte do Castiñeiro, que sei ben que se trata duna gran preocupación dos veciños”, dixo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova