Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os lucenses, a favor das distintas medidas de control do maltrato aos animais


# Mércores, 14/02/2007


Un total de 633 persoas participaron na enquisa da páxina web www.lugo.es sobre as actuacións máis recomendables á hora de controlar o maltrato animal. Esta cantidade de votantes pon de manifesto o interese dos internautas por esta cuestión.

A votación estivo moi repartida, xa que o 25,75% (163) pensan que a mellor maneira de evitar estas prácticas é vixiar o cumprimento da lei en materia de benestar animal. Así mesmo, o endurecemento das leis foi votado por 131 (o 20,69%), unha cantidade moi similar aos que prefiren actuacións en materia de educación de propietarios, votada por 127 persoas.

Uns 106 votos (o 16,74%) e 104, respectivamente, recibiron as opcións de control rigoroso de medidas sanitarias e control do censo e identificación dos animais.

A enquisa estivo activa dende o 5 de febreiro até o 14 e foron enviados dous comentarios. Na web pode escollerse agora o aspecto máis atractivo do Entroido.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova