Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Inaugurada unha exposición con esculturas realizadas coa madeira dos negrillos da Praza Maior


# Luns, 19/03/2007
Son 16 pezas que poderán visitarse na Casa Consistorial e no patio do Seminario

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González-Dopeso, inauguraron esta mañá a exposición “As Raíces do Aire”, composta por 16 figuras escultóricas realizadas coa madeira dos negrillos que estaban na Praza Maior.

Na etapa na que era Concelleiro Marcos Cela, estes árbores tiveron que talarse debido a que se viron atacados por unha enfermidade mortal, chamada grafiosos o ceratocistis ulmi. Foran plantados no 1864 e a praga que sofriron foi tratada en múltiples ocasións sen que se puidese facer nada por salvalos.

Os escultores Lomarti, Clara Naseiro, Paco Pestana e Álvaro de la Vega conveniaron coa Concellería de Medio Ambiente a realización destas esculturas coa madeira talada nesa ocasión. O proxecto foi comezado por Marcos Cela e continuado polo seu sucesor no cargo, Lino Gozález-Dopeso.

Son un total de 16 figuras as que se poden ver nesta exposición, repartidas entre a Casa Consistorial e o patio do Seminario Menor, catro de cada artista.

Durante a presentación, o Alcalde indicou que esta medida supón a recuperación á vida destas árbores, que tiveron que ser taladas co pesar de todos os lucenses “e que deste xeito perdurarán para sempre”.


Orozco destacou a calidade dos traballos e mostrou o seu agradecemento aos artistas, “pola súa perspectiva e polo agarimo mostrado a Lugo neste traballo”.

Unha obra de cada un destes artistas pasará de xeito definitivo a mans do Concello para estar exposto de xeito continuado. O Alcalde adiantou que non se descartaría a posibilidade de negociar a compra de máis esculturas para ter unha mostra permanente.

A exposición “As Raíces do Aire” permanecerá aberta durante os próximos meses, e segundo indicaron os artistas, non haberá problema para gozar dela durante “unha boa tempada”. Ademais, indicou Paco Pestana, queda aínda moita madeira dos negrillos para seguir traballando nela”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova