Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e o Conselleiro de Medio Ambiente presentan o plan de acción para loitar contra o cambio climático


# Mércores, 21/03/2007
Será na tarde do xoves na Fundación Caixa Galicia

O Alcalde, José López Orozco, acompañará mañá, xoves, ao Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández, no acto de exposición sobre o cambio climático que se desenvolverá no Salón de actos da Fundación Caixa Galicia.

Esta mostra leva por título “O cambio climático: un reto para Galicia, un reto para a humanidade” e estará centrado na conferencia do Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández Suárez, sobre o cambio climático, que se centralizará sobre a situación de Galicia.

Esta ponencia estará complementada por unha exposición de trinta minutos con soporte audiovisual sobre as causas e consecuencias do cambio climático no planeta e en Galicia.

Proxectarase tamén outro vídeo co título “Cambio Climático: o reto do século XXI” de aproximadamente 15 minutos.

O peche deste acto estará a cargo do Conselleiro, que presentará as principais liñas do plan de acción contra o cambio climático elaborado pola Consellería. Entre estas liñas figura o programa de redución de emisións, o proxecto de identificación dos impactos do cambio climático, o programa de investigación sobre este proceso e o de formación e sensibilización.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova