Cargando....
Concello de Lugo
21/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O autobús nocturno funcionará novamente a noite de Reis


# Xoves, 04/01/2007
Achega ao centro da cidade os barrios máis alonxados nun percorrido dunha hora de duración. Con esta iniciativa preténdese evitar que os mozos que consuman alcohol teñan que coller o coche

O autobús urbano nocturno, posto en marcha a modo de proba nestas festas de Nadal, funcionará novamente na noite do venres, día 5 de xaneiro. Trátase dunha idea da Concellería de Protección da Comunidade, que dirixe José Ángel González Corredoira.

Esta iniciativa, que funciona noutras cidades co nome popular de Buho, realízase para evitar que todos os que consuman alcohol nesas noites de previsión de moitas saídas nocturnas teñan que facer uso do coche particular.

 O autobús ten un percorrido dunha hora de duración por toda a cidade con saída e chegada a Sindicatos, chegando aos barrios máis alonxados do centro.

O servizo do venres comeza ás once da noite (unha vez rematado o de día) e rematará ás seis da madrugada. Este autobús funcionou en primeiro lugar os días 30 e 31 de decembro pola noite.

As paradas oficiais de bus urbanos coinciden co itinerario desta liña especial. Ademais, os billetes e as tarxetas teñen as tarifas habituais.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova