Cargando....
Concello de Lugo
15/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O 2006 pecha con máis de dous millóns de usuarios de autobuses urbanos


# Luns, 08/01/2007
O Concello realizará unha enquisa entre a población e na web municipal para coñecer a opinión dos lucenses

Os Autobuses Urbanos rexistraron en todo o ano 2006 un total de 2.123.270 viaxeiros, o que supón 35.880 usuarios menos que o ano pasado.

Este descenso produciuse unicamente durante os meses de setembro a decembro e estivo motivado polas obras que se realizan na cidade e que provocan retrasos nas liñas.

Aínda así, a baixada non chegou até as cifras que se manexaban no 2004 e que estaban situadas nos 2.109.515 usuarios.

O balance do servizo foi presentado hoxe polo Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira, quen suliñou que a tendencia do transporte público en Lugo é ao crecemento, como demostra o feito de que no primeiro trimestre o crecementoi foi cifrado en 48.076 e até o mes de agosto as cifras non empezaron a ser inferiores con relación ao pasado ano.

Corredoira indicou que a liña 2, que corresponde á carretera de Santiago, foi a que máis baixas de usuarios tivo xa as obras supuxeron cambios drásticos nos horarios e nas rutas do autobús. De feito, só esa liña perdeu un total de 21.905 viaxeiros.

A estimación da empresa é que as obras supuxeron unha perda de 43.212 pasaxeiros durante o 2006. As liñas máis afectadas, ademais da 2, foron a 6 e a 7A, que perderon entre 11.000 e 2.872 vaixeiros.

As liñas que manteñen un maior volume de usuarios seguen a ser a 9 (con 174.415), a 1 (173.223) e a 9A (169.235).

Ademais, un total de 19.758 persoas utilizaron o bono transbordo, 11.306 veces en tarifa ordinaria e 8.452 en tarifa social.

O Concelleiro indicou que a liña do campus descendeu tamén algo en usuarios. Considera que esta situación está marcada por dúas situacións, por unha parte, descende o número de estudantes e pola outra cada vez residen máis próximos á zona univesitaria.

O Concelleiro lembrou que os billetes de autobús suben no 2007 dous céntimos na tarifa ordinaria e 1 céntimo para os bonos sociais e ordinarios.

Facendo un balance do ano, o Concelleiro tamén indicou a compra e incorporación á flota actual de dous novos autobuses de última xeración, con plataforma baixa, co que suman xa cinco totalmente modernizados, aos que se sumará outro en breve.

Ademais, foron colocadas 6 marquesinas novas e estimouse un percorrido total de 1.342.018 quilómetros.

O Concelleiro deu tamén os datos de utilización do bus nocturno, que foron “bastante negativos” pola súa baixa utilización. González Corredoira dixo que “non se pretendía rendabilizar este servizo, senón manter o seu carácter de servizo público, aínda que con 35 viaxeiros en tres noites cremos que debemos deixar pasar a oportunidade de ofrecer esta alternativa aos mozos de xeito continuado”.

O Concelleiro tivo tamén palabras para o biodiésel, que foi incorporado como carburante a tres liñas (a 5, a 10 e a 12) a finais de ano. Cunha mezcla elevada en Lugo ao 12%, prodúxose un aumento do consumo do 8% e houbo dúas averías en dous coches. “Por esta razón, non podemos dar uns datos gratificantes do seu resultado”.

Avanzou tamén que durante estes días comezará un estudo de opinión dos autobuses urbanos entre os propios usuarios, tanto nos coches como nas paradas. Ademais, poderá contestarse na web municipal unha enquisa sobre este particular. “Está claro que a tendencia é a aumentar o uso do transporte público, polo que é necesario estudar os apartados negativos do servizo para melloralo”, dixo. Referiuse en especial a este momento no as obras, o crecemento da cidade e os cambios de direccións cambian a estrutura da cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova