Imprimir

BASES E CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN/DUNHA AUXILIAR DE INSERCIÓN LABORAL PARA O PROXECTO LUGO CIDADE PRÓXIMA


24/1/2007

A N U N C I O

A Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Lugo, en sesión celebrada o día vinte e catro de xaneiro de dous mil sete, adoptou entre outros o acordo de aprobación de bases e convocatoria de proceso selectivo para a contratación temporal dun/dunha auxiliar de inserción laboral para o proxecto "LUGO CIDADE PRÓXIMA". É así que, a traves do presente anuncio procédese a facer público o mencionado acordo:

BASES E CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN/DUNHA AUXILIAR DE INSERCIÓN LABORAL PARA O PROXECTO "LUGO CIDADE PRÓXIMA"

Primeiro.- Convoca-lo procedemento selectivo para a contratación temporal dun/dunha auxiliar de inserción laboral para a execución do proxecto "Lugo cidade próxima"

Segundo.- Aproba-las bases que rexerán a citada selección e que son do teor seguinte:

1. Réxime retributivo e modalidade contractual:
As retribucións serán as correspondentes a un grupo D de acordo co cadro de persoal e co presuposto do Concello de Lugo do ano 2007.
O contrato a formalizar será por obra ou servizo determinado (ET art.15.a; RD 2720/1998 art.2), sendo a obra a realizar a de documentación e tramitación de expedientes de inserción socio-laboral no marco do proxecto "Lugo cidade próxima". A duración do contrato será ata xuño de 2007.

2. Requisitos dos aspirantes:
Serán requisitos imprescindibles para poder optar á cobertura temporal da praza os seguintes:

  • Estar en posesión do título de graduado escolar ou título superior ou equivalente. Cando se aleguen equivalencias de títulos, achegarase certificado para o efecto, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • Non estar incurso en causa algunha de incapacidade ou incompatibilidades determinadas legalmente.
  • Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou menoscabe o normal exercicio da función.
  • Ser español ou nacional dos demais Estados membros da Unión Europea. Así mesmo, poderán participar no proceso selectivo os estranxeiros que reúnen a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.
    As mesmas regras aplicaranse, no seu caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Ter cumpridos dezaoito anos.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.



3. Sistema de selección:
De acordo co baremo de contratación pactado co Comité de Empresa do Concello e asinado con data 16 de xuño de 2004, o procedemento de selección consistirá en dúas fases:

A. Fase de oposición: consistirá na realización dunha proba de carácter eliminatorio relacionada coas tarefas que se terán que levar a cabo no posto que se pretende ocupar e que versarán sobre as seguintes materias:

  • Coñecementos informáticos do paquete integrado OFFICE 2000
  • Itinerarios integrais de inserción laboral.
  • Estrutura do Servizo Público de Emprego.
  • Programas estatais e autonómicos de inserción laboral.



A puntuación desta fase será como máximo de 15 puntos. Para superar a mesma deberá acadarse unha puntuación de polo menos 7,5 puntos.

B. Fase de concurso:
Non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para supera-las probas da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito: máximo: 10 puntos.

a) Experiencia profesional, ata un máximo de 4 puntos:

    a.1) Servizos realizados na mesma categoría e posto similar ó que se convoca na Administración Local, e referidos ós últimos 10 anos: 0,051 puntos cada mes completo ou fracción superior a 15 días.



    a.2) Servizos realizados na mesma categoría e posto similar ó que se convoca noutra Administración Pública (estado, comunidades autónomas), e referidos ós últimos 10 anos: 0,025 puntos por cada mes completo ou fracción superior a 15 días.



Os servizos deberán acreditarse coa presentación de certificación de empresa ou contrato de traballo.

b) Titulacións:

Pola titulación académica que se posúa, computarase unicamente o título de maior nivel dos alegados, e ata un máximo de 2 puntos. Non será puntuada a titulación esixida para a praza á que se opta.:

  • título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 1,5 puntos.
  • título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 1,00 puntos
  • título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou titulado con reválida da escola oficial de idiomas: 0,50 puntos.



c) Formación:

c.1) Por cursos relacionados coa actividade que se vai desenvolver, impartidos pola Administración ou homologados, ata un máximo de 2 puntos.
Os cursos que non estean debidamente acreditados non serán puntuados

  • Menos de 15 horas: 0 puntos
  • De 15 horas a 40 horas: 0,20 puntos.
  • De 40 horas a 70 horas: 0,35 puntos
  • De 70 horas a 100 horas: 0,50 puntos
  • De 100 horas a 300 horas: 0,75 puntos
  • De 300 horas a 500 horas: 1,00 puntos
  • De máis de 500 horas: 1,25 puntos
  • As prácticas efectuadas no Concello de Lugo supervisadas por técnicos municipais terán a consideración de cursos de formación



c.2) Polo coñecemento acreditado do idioma galego, computarase únicamente o grao superior alegado, e concederáselle validez soamente ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

  • En grao de iniciación: 0,50 puntos.
  • En grao de perfeccionamento: 1 punto.



d) Circunstancias persoais:

Pola inscrición acreditada como demandante de emprego, cun máximo de 1 punto: 0,020 puntos por cada mes completo ou fracción superior a 15 días.

4. Criterios de aplicación en caso de empate:

De producirse un empate na puntuación final, daráselle prioridade a quen tivera a maior puntuación na alínea A) e, de persisti-lo empate, irase dando prioridade a quen tivera puntuación nas alíneas sucesivas. De continua-lo empate, resolverase por sorteo.

5. Prazo de presentación de instancias e documentos que hai que presentar:
Os interesados en participar neste proceso deberán presentar unha instancia no Rexistro Xeral do Concello, acompañado da seguinte documentación:

  • Fotocopia compulsada do DNI.
  • Fotocopia compulsada da titulación esixida.
  • Fotocopia compulsada dos méritos que se posúan e que poidan ser valorados de acordo co establecido no punto 4) para a fase de concurso.

    O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais contados dende o día seguinte á publicación destas Bases no Taboleiro de Anuncios do Concello, onde tamén serán publicados os sucesivos anuncios en relación con este proceso.

    Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, únicamente poderán presentarse aqueles documentos que no momento de publicarse a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, se establezan como documentos a presentar para subsanación de defectos.

    A proposta do Tribunal Cualificador poderá deixarse unha lista con tódolos aspirantes que superaron o proceso selectivo (pola orde de puntuación obtida por cada un deles) para contratacións temporais que, en base a este convenio, poidan xurdir nesta categoría profesional.