Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACION DE PERSOAL LABORAL DA EMPRESA MUNICIPAL DE VIVENDA E SOLO DE LUGO S.A. APARELLADOR/A OU ARQUITECTO/A TÉCNICO/A


# Martes, 21/08/2007


Tipo de contratación: contrato laboral.
Duración do contrato: seis meses.
Modalidade: 30 horas/semana.
Período de proba: tres meses.
Retribución bruta anual a percibir por tódolos conceptos: 22.898,09.- €
Requisitos: Ter a titulación de aparellador/a ou arquitecto/a técnico.
Baremo:

1. Experiencia:

  • cada mes completo (sen días soltos) de experiencia no sector público: 0,25 puntos cun máximo de 6 puntos
  • cada mes completo (sen días soltos) de experiencia no sector privado: 0,25 puntos cun máximo de 6 puntos
  • traballos de edificación de nova planta: 0,5 puntos cun máximo de 6 puntos
  • traballos de rehabilitación: 0,5 puntos cun máximo de 6 puntos
    2. Entrevista persoal e individualizada: consistirá na exposición do seu currículo e experiencia diante da Comisión de selección. Valorarase a traxectoria profesional, os seus coñecementos, actitudes e as aptitudes respecto as tarefas do posto ofertado, cun máximo de 6 puntos.

    REQUISITOS DE PRESENTACIÓN

    As persoas que desexen participar no proceso de selección deberán presentar a correspondente solicitude, no rexistro de EVISLUSA, sito na Rúa Quiroga Ballesteros, s/n Baixo

    En horario de 9,00 a 13,30 h., durante o prazo de dez días naturais, contados a partires da publicación do anuncio na prensa escrita. As proposicións presentadas con posterioridade non serán admitidas. Non se admiten propostas por correo.

    Os aspirantes presentarán, xunto coa solicitude, un currículo acompañado de orixinal ou copia compulsada dos méritos establecidos no correspondente baremo, non tomándose en consideración os méritos acreditados mediante documentos que non sexan orixinais ou copias autenticadas ou compulsadas.

    FASES DO PROCESO DE AVALIACIÓN DOS ASPIRANTES

    Rematado o prazo de presentación de solicitudes, os aspirantes presentados deberán comparecer ante a Comisión de Selección, no lugar día e hora que se sinale no anuncio de convocatoria, para a realización dunha entrevista persoal con cada un deles. A Comisión procederá a avaliación dos currículos dos aspirantes e a valoración da entrevista.

    Unha vez rematados os procesos anteriores, o Consello de Administración de EVISLUSA procederá a efectuar a contratación da persoa seleccionada.

    COMISION DE SELECCION

    A comisión de Selección estará presidida polo Ilmo. Sr. Alcalde-Presidente do Consello de Administración e formarán parte dela como vocais, con voz e voto, un conselleiro por cada un dos grupos municipais con representación no Consello de Administración de EVISLUSA e a Directora-Xerente.

    Actuará de Secretario da Comisión o Secretario do Consello de Administración, con voz e sen voto.



  • Compartir:
    Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
    RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova