Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Réxime Interior e Xunta de Persoal acorda crear unha Comisión de Persoal Permanente


# Venres, 21/09/2007


O Concelleiro de Réxime Interior, José Rábade, mantivo esta mañá unha xuntanza coa Xunta de Persoal do Concello de Lugo na que se acordou a creación dunha Comisión Permanete. Este grupo de traballo encargaríase de estudar os temas laborais da Administración Local. A Comisión estará formada por un representante de cada uns dos sindicatos presentes no Concello máis a xefa de persoal e o concelleiro ou a persoa na que deleguen.

Ademáis acordouse o reparto de 150.000 euros dun modo igualitario entre todos os traballadores do Concello, xa sexan funcionarios ou persoal temporal.

Por outra banda, na xuntanza decidiuse que fose unha comisión de funcionarios, composta polos xefes de servizo,  a encargada de xerar as listas de substitucións. O grupo seleccionaría os traballadores para cubrir as substitucións e  interinidades.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova