Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Bases e Convocatoria do Proceso Selectivo para o posto na Categoría de Técnico Medio de Xestión


# Mércores, 10/10/2007


A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día vinte e seis de setembro de dous mil sete, adoptou, entre outros, o acordo número 14/882, de aprobación de bases e convocatoria do proceso selectivo para a confección dunhas listas para a substitución de funcionarios/as do Concello de Lugo con dereito a reserva de posto de traballo ou acumulación de tarefas, na categoría de técnico medio xestión, do xeito seguiente:

 “BASES E CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFECCIÓN DUNHAS LISTAS PARA A SUBSTITUCIÓN DE FUNCIONARIOS/AS DO CONCELLO DE LUGO CON DEREITO A RESERVA DE POSTO DE TRABALLO OU ACUMULACIÓN DE TAREFAS  NA CATEGORÍA DE TÉCNICO MEDIO XESTIÓN:
 
1.- Proba selectiva:
Como sistema de selección establécese o concurso co que se confeccionarán unhas listas coas que, de acordo coa puntuación obtida, se irá chamando ós/ás  candidatos/as. O baremo deste proceso será o seguinte:
- Pola superación do último proceso selectivo para prazas en propiedade de funcionarios do Concello de Lugo para a categoría de técnico medio xestión: 3 puntos. As puntuacións así obtidas poranse a cero con motivo da resolución dun novo proceso selectivo para esta categoría profesional.
- Pola participación no último proceso selectivo do Concello de Lugo para prazas en propiedade como funcionario/a na categoría de técnico medio xestión: a nota media da totalidade do proceso (para o cálculo teranse en conta unicamente as probas obrigatorias). As puntuacións así obtidas poranse a cero con motivo da resolución dun novo proceso selectivo para esta categoría profesional.
- Por cada mes completo de servizos prestados en administracións públicas como técnico medio xestión: 0,15 puntos ata un máximo de 2 puntos. Para acreditar estes traballos os interesados deberán presentar unha certificación da Administración de que se trate, onde conste o tempo traballado na categoría á que se opta, así como copia compulsada do nomeamento ou contrato de traballo subscrito para o efecto. De non se presentar a citada documentación, ou se presente outra diferente á aquí referida, a puntuación neste apartado será cualificada como 0 puntos.
- Pola inscrición como demandante de emprego nos últimos tres anos, cun máximo de 1,20 puntos: 0,10 puntos por cada mes completo. O aspirante deberá presentar certificación expedida polo INEM, e acreditativa da citada inscrición e o tempo del, non tendo validez, para estes efectos, ningunha outra documentación achegada. (Non será admitida como acreditación nin a tarxeta de demandante de emprego, nin a de renovación, nin o certificado de vida laboral, etc.). De non presentarse a certificación do INEM, a puntuación deste apartado será de 0 puntos.
- Pola realización ou validación, se é o caso, do curso de iniciación á lingua galega: 0,50 puntos. E pola realización ou validación, se é o caso, do curso de perfeccionamento da lingua galega: 1 punto. A puntuación máxima deste parágrafo será de 1 punto.
De producirse empate na puntuación, a orde de desempate será a seguinte:
- Puntuación pola orde dos parágrafos anteriores
- Solicitante de maior idade.
En todos os casos será requisito imprescindible a copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos que alega o aspirante.

2.- Requisitos que deben reunir ou cumprir os aspirantes.
Para ser admitido á presente convocatoria, os aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:
a) Ser español ou nacional dos demais estados membros da Unión Europea. Así mesmo, poderán participar no proceso selectivo os estranxeiros que reúnen a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.
As mesmas regras aplicaranse, de ser o  caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
b) Estar en posesión do título de diplomado/a universitario/a ou título equivalente ou superior.
c) Ter cumpridos dezaoito anos.
d) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.
e) Non estar incurso en causa ningunha de incapacidade ou incompatibilidades determinadas legalmente.
f) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou menoscabe o normal exercicio da función.

3.- Relación de servizo:
 Procederase ó nomeamento como funcionario/a interino/a

4.-Duración da relación de servizo:
A duración de servizo é mentres perduren as circunstancias que determinan o nomeamento interino, non se incorpore á praza o/a funcionario/a de carreira, ou sexa declarada a praza vacante ou amortizada.

5.- Ámbito de publicidade:
O anuncio de convocatoria farase público no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Os sucesivos anuncios en relación con este proceso publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo.

6.- Prazos e requisitos de forma na presentación de instancias:
Os/as que desexen tomar parte neste proceso deberán facelo constar na instancia que lles será facilitada no Rexistro Xeral do Concello. As instancias dirixiranse ó Excmo. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Lugo, e nelas farase constar expresa e detalladamente ademais dos datos persoais do solicitante, que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base 2.
Prazo de presentación: o prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día coincidise en sábado ou festivo o prazo quedará prorrogado ata o seguinte día hábil inclusive.
Lugar de presentación: a presentación de instancias realizarase no Rexistro Xeral do Concello ou a través da vía establecida no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Documentación para presentar xunto coa instancia. As instancias terán que ser acompañadas dos seguintes documentos:
a.- Fotocopia compulsada do DNI
b.- Fotocopia compulsada da titulación esixida.
c.- Fotocopia compulsada de toda a documentación que, de acordo coa base número 1, poida serlle puntuada neste proceso.

7.- Órgano de Selección.-
- Presidente: dona Marta López Peña. Xefa do Servizo de Persoal do Concello de Lugo.
Suplente: don José M.ª González Rodríguez. Xefe do Servizo de Urbanismo do Concello de Lugo.
- Vogais: dona Ana Sáez Mancebo. Xefa do Servizo de Contratación do Concello de Lugo.
Suplente: don Xosé Manuel Cao Rei. Adxunto de Servizo Intervención Concello de Lugo.
Dona Carmen Carlín Arias. Técnico Lic. Empres. Concello de Lugo
Suplente: María Elva Anido Anido: Xefa de Servizo Intervención Concello de Lugo
Dona María Baza Poudereux. Técnico do  grupo A do Concello de Lugo
Suplente: don Vicente Pérez- Carro García. Procurador Concello de Lugo
- Secretario/a: dona M.ª Jesús López Vázquez. Técnico do grupo A do Concello de Lugo
Suplente: don Fernando Prado Rodríguez. Técnico do grupo A do Concello de Lugo.
 O tribunal cualificador queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do procedemento selectivo.

8.- Corrección de defectos.-
Expirado o prazo de presentación de instancias, o Excmo. Sr. Alcalde ou Concelleiro, se é o caso, ditará resolución pola que se declara aprobada a lista de admitidos/as excluídos/as, concedéndose o prazo de 10 días para a corrección de defectos polos aspirantes excluídos. No prazo de corrección de defectos, unicamente poderá presentarse a documentación referida ó documento nacional de identidade o á titulación requirida para participar no proceso.

9.- Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamentos:
 O tribunal, terminada a cualificación dos aspirantes, levantará acta e publicará os resultados no Taboleiro de Anuncios da Casa Consistorial, pola orde de puntuación obtida.
 Para efectuarse o nomeamento, será preciso que o/a candidato/a presente no Servizo de Persoal do Concello os documentos acreditativos dos requisitos esixidos na convocatoria que non se presentaran xunto coa instancia, e que a continuación se expresan:
- Fotocopia de tarxeta sanitaria
- Declaración xurada de que non foi separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.
- Declaración xurada de non atoparse incurso en causa ningunha de incapacidade e incompatibilidade, de conformidade coa lexislación vixente, e referida ó momento da súa toma de posesión.
- Certificado médico de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou menoscabe o normal exercicio da función.

De non presentarse estes documentos, entenderase que desiste dos seus dereitos para o nomeamento.

10.- Confección das listas:
Os integrantes das listas non perderán a orde de prelación que en cada momento lles corresponda nestas ata que se xere o dereito á prestación por desemprego, de tal xeito que se a contratación para a que son chamados ten unha duración inferior retornarán ó posto que novamente lles corresponda na lista. Rematado o tempo de duración do nomeamento, o/a interesado/a pasará a ocupar o último lugar que nese momento lle corresponda na lista durante un ano se xerou o dereito de prestación por desemprego. Finalizado o ano volverá automaticamente ó lugar da lista que de acordo coa súa puntuación lle corresponda.
Aqueles integrantes das listas que renuncien sen causa xustificada e documentada ó seu nomeamento serán excluídos e eliminados delas, sen que poidan solicitar a súa inclusión ata que transcorra o prazo dun ano dende a dita exclusión, o mesmo que ocorrerá no caso de renuncia á continuidade no desempeño dun posto.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova